|
|
||||||||||||||||||||
|
Marzo Saúde nace en Castroverde (Lugo) como unha clínica de fisioterapia e podoloxía en marzo do ano 2010. Está dirixida polos irmáns José Luis e Jesús Valiño Castedo e Isabel Cabado Peña, un grupo de mozos profesionais multidisciplinar, todos expertos no sector deportivo e sanitario. Co propósito de diversificar os servizos iniciais incorporamos a área de enfermería e rehabilitación, desde a que damos resposta a boa parte das demandas dos veciños de Castroverde e arredores. O proxecto non remata aquí, senón que decidimos por en marcha un ximnasio e un spa.
O noso carácter dinámico e emprendedor levounos a organizar e impartir cursos de formación bonificables pola Fundación Tripartita e recoñecidos para a baremación na función pública. Ademais, desenvolvemos un programa de prácticas internacional coa prestixiosa Universidade de Aveiro (Portugal) que ofrece a fisioterapeutas licenciados a posibilidade de traballar nas nosas modernas instalacións. Os nosos servizos Os servizos que prestamos desde as instalacións de Marzo Saúde divídense en catro grandes grupos: fisioterapia, podoloxía, enfermería e ximnasio-spa. Tamén organizamos actividades deportivas fóra da clínica, como pilates, zumba ou xeronto-ximnasia e ofrecemos fisioterapia, enfermería e podoloxía a domicilio. Fisioterapia. Prestamos unha atención persoal e especializada en calquera tipo de dor ósea ou muscular. Os servizos máis demandados son aqueles relacionados coa fisioterapia deportiva, traumatolóxica e ortopédica. Dentro deste apartado atópanse as lesións máis comúns, entre as que están as torceduras, cargas musculares, tendinitis, artrose ou contracturas. Tamén ofrecemos fisioterapia de solo pélvico. Podoloxía. Diferenciámonos por fabricar plantillas ortopédicas que deseñamos a medida nas nosas propias instalacións, tanto para deportistas como para outro tipo de pacientes, sen a necesidade de envialas a clínicas nacionais. Tamén tratamos durezas, callos, ollos de galo o papilomas, entre outros. Enfermería. Ofrecemos un amplo servizo de analítica, ademais de tomar as constantes vitais, realizar controis de glucemia, cálculo do índice de masa corporal, curas ou realización de EKG ou espirometrías. Ximnasio e spa. O noso centro deportivo conta cunha completa sala de fitness, co máis moderno equipamento deportivo, elípticas, cintas de correr ou peso libre. Este espazo complétase cun spa dotado con ducha escocesa, baño turco, sauna finlandesa, jacuzzi, zona de relaxación e ducha de chorros, que inclúe cabina individual de sauna. Tamén impartimos clases dirixidas de pilates, aerobic latino e ximnasia de mantemento. A filosofía que move a Marzo Saúde é a da cooperación e a mellora continua. Por elo, parte dos beneficios son destinados a un fin social que contribúa a crear unha sociedade máis igualitaria. O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo, converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo. |
|||||||||||||||||||||
Direcciones y horarios
|
|||||||||||||||||||||
Enlaces de interés
|
|||||||||||||||||||||


